Letra de Nova poesía galega ii

Nao

Letra de Nova poesía galega ii de Nao
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de NOVA POESíA GALEGA II de NAO.

( Nao )

Derreterie con un verso o seu metal
E taparei cunha verba o seu canón
Arrincarei coa miña gorxa o seu puñal
De atracadores consentidos

Leo nos beizos o que intentas ocultar
Pecho os ollos pra sentirte latexar
Enfrío a menta pra que non poidas entrar
Agardarei na trincheira por ti.

Non

E soño a veces
Sigo en silencio
As súas pegadas
Na mascarada
Confío en min
E penso en ti

Sufro a berros para non ter que pagar
Un psiquiatra que me axude nesta prisión
Vou chamando ás vosas portas por favor
Dime que entendes o que timbro

Miro onde non hai que mirar
Volvo pra contarvos o prohibido
Falo do que non se debe falar
Ensino o que non ensinan os seus libros

Escribir na túa pel poesías de amor
Liberar a razón disparando cancións
Suspirei, afundin, e contigo emerxín
So me deixo levar cando estou xunto a ti

E sei
Que as palabras son navallas
Masticadas, afiadas
Renadas na nosa lingua
Pra derrubar o seu mandato

Recitar no teu pelo poesías de amor
Liberar a razón con poemas de dor
Suspirei, afundin e deixeime levar
Construír capitáns con area do mar

Escribir na túa pel poesías de amor
Liberar a razón disparando cancións
Suspirei, afundin, e contigo emerxín
Só me deixo levar cando estou xunto a ti
Video de Nova poesía galega ii

Escuchar "Nova poesía galega ii" online

Ver el Top 20 de las letras de canciones de los artistas más buscados en general.

Top 20 de los artistas más buscados en US