Letra de Se te vas

Sés

Letra de Se te vas de Sés
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de SE TE VAS de SéS.

( Sés )

Adiantarse á queda do rival non é fuxir.
Adornar as verbas no final non é mentir
Cando a banda xa non toca máis hai que marchar
ou perfilar un plan de araque para se se rebelar.

Proseguir coa usura do traidor non é de lei
o perdón non é derrota, conceder non é ceder.
Provocar o pánico do rei coa subversión
non é máis que a consecuencia necesaria da razón.

Non pido tregua ao mundo cruel
arrastro o peso deste ser
é inadecuado aseverar
que quedo coxa se te vas

Inclinarse cara ao vicio non é sucumbir.
Ser feliz na dependencia non é malvivir.
Dar a boa noite ao día en tempos de non ter
é gañar puntos de vida a risco de morrer.

Discernir a irrealidade non é tolear.
Subornar unha conciencia non é reinsertar.
Cando o obxecto da presenza é a anulación
o diaño chama aos lúcidos á rebelión.
Video de Se te vas

Escuchar "Se te vas" online

Ver el Top 20 de las letras de canciones de los artistas más buscados en general.

Top 20 de los artistas más buscados en US